O Xinete Enmascarado estrea trailer co gallo da Super Bowl

Esta fin de semana foi moi especial nos EE.UU. pola celebración da Super Bowl, evento televiso de grande audiencia, o que leva a moitas compañías a aproveitar os cortes...

Esta fin de semana foi moi especial nos EE.UU. pola celebración da Super Bowl, evento televiso de grande audiencia, o que leva a moitas compañías a aproveitar os cortes publicitarios para grandes campañas promocionais, que no caso do cine tamén ten o seu impacto, e este ano non foron poucas as películas que quixeron acadar certo pulo durante a xornada de onte, entre as que quero destacar a The Lone Ranger, filme que chegará á grande pantalla o 19 de xullo e que recuperará a un personaxe que moitos coñecimos nos seu día en TVE como El Llanero Solitario e máis adiante na TVG como O Xinete Enmascarado. Espero que no filme que chegue aos cines non fagan que Tonto (Johnny Depp) diga amigo coma no trailer en español (debería dicir kemosabe) e fagan soar nalgún momento a overtura de Guillermo Tell aínda que só sexa para homenaxear á cabeceira da serie televisiva:

Outros filmes que tamén estrean vídeos promocionais son Star Trek: Into The Darkness:

Iron Man 3:

E World War Z:

Comics, series de televisión clásicas, zombis… ¿Podería ser máis friki a selección de trailers?

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS