De Prada critica a Internet con argumentos sen contrastar

O diario ABC publica hoxe unha entrevista ao escritor Juan Manuel de Prada, que abre coa cita «Internet es la muerte de nuestra vida. Es la muerte de todo»....

O diario ABC publica hoxe unha entrevista ao escritor Juan Manuel de Prada, que abre coa cita «Internet es la muerte de nuestra vida. Es la muerte de todo». ¡Empezamos ben! Non sei o que pretende ese señor ao dicir cousas como que «ahora mismo no hay más que pasearse por internet, que es la pared de un retrete donde gente cada vez más enloquecida y más ensañada, más visceral, va deponiendo todas sus vomitonas» pois el mesmo é un dos que vai facendo o mesmo diante das cámaras de televisión ou en columnas publicadas na prensa e, como non, na entrevista do ABC, na que non se corta en soltar numerosas falsidades, especialmente cando lle preguntan se ten medo da Rede:

Y la realidad es que estamos siendo arrastrados por esta fascinación tecnológica y aunque no lo queramos reconocer internet ha destruido nuestras vidas. Internet es la muerte de nuestra vida. Es la muerte de todo. En estos días estoy viajando mucho y me resulta

espeluznante y amedrentador cuando viajo en tren ver a la gente durante dos, tres, cuatro horas absolutamente embebida en sus cacharritos, ordenadores portátiles, tabletas, iPhones, teléfonos móviles. Durante horas y horas la gente tecleando, tocando sus pantallas táctiles, haciendo el gilipollas. Porque están haciendo gilipollas, no están trabajando, están mariposeando.

Ah, ¿é malo que a xente durante unha viaxe na que hai anos o único que podería facer sería durmir ou contar as costuras dunha butaca poida ocupar o seu tempo con dispositivos electrónicos? Porque o uso que se fai dos dispositivos é moi diverso: uns lerán o correo electrónico, outros verán fotos da súa familia, algúns lerán a prensa… cadaquén fai o que quere, e desprestixiar a ferramenta de acceso aos contidos é, como mínimo, corto de miras. Agora é difícil saber se alguén está lendo un libro, ollando o xornal ou lendo un cómic, pois o contido xa non está atado a un soporte estático, e quen non saiba ver iso é o auténtico gilipollas.

En primer lugar hay que desmitificar internet. Una de cada dos páginas que se visitan en internet es pornografía. Esto ya de entrada hay que decirlo. Vamos a dejar de hablar de intenert como si estuviéramos hablando de la esencia del cosmos. Internet es una cosa que la mayor parte de la gente la busca para buscar consuelo erótico y a la larga encontrar destrucción humana.

De Prada é escritor, pero tras afirmacións como estas queda claro que non se lle pode considerar xornalista, pois realiza afirmacións totalmente falsas e sen contrastar. ¿A Internet é maioritariamente porno? Pois non, o uso máis frecuente da Rede actualmente son as redes sociais, ou sexa, a interacción humana e a compartición de información. O número de páxinas web con contido pornográfico segundo os últimos datos que vin ronda o 4%, e en cuestión de visitas a cousa tampouco destaca moito (¿pensa o ladrón que todos son da súa condición?) pero, se fose así, ¿que problema habería? O sexo é parte da vida, e velo doutro xeito resulta un tanto carca.

Pero es que además internet, la realidad, está hoy por hoy destruyendo muchos puestos de trabajo, ha destruido completamente las empresas periodísticas, está destruyendo por completo la industria cultural, ha instalado una mentalidad del gratis total, que también es comprensible, y es el escarmiento y el castigo que merece una época que hizo del lucro su objetivo prioritario. Internet ha traído muchas calamidades a nuestra vida que no queremos reconocer, pero que son ciertas. El periodismo era un trabajo digno y bien remunerado y hoy en día el periodismo es uno de los trabajos donde la explotación y el expolio más absoluto del trabajador es más evidente. Lo queramos disfrazar como queramos pero esto es internet el que lo ha traído

Nese caso estamos ante un discurso noxento, moi repetido nos últimos anos por distintas industrias que non están conseguindo adaptarse aos novos tempos. Iso mesmo aconteceu con moitos outros modelos de negocio ao longo do tempo, incluso a chegada da auga corrente aos fogares puxo fin a moitos negocios (dende quen se dedicaba a carrexar auga até os que facían pozos), pois os cambios teñen efectos que non son positivos para todos, pero son inevitables.

Demonizar a Internet porque pon en perigo o status económico dos xornalistas e outros membros da industria cultural é moi cínico (especialmente porque a conxuntura económica actual ten pouco que ver coa Internet, e está a afectar a moitos outros sectores, entre os que poría moito antes aos relativos ao pequeno comercio). Estamos ante unha revolución que democratiza tanto o acceso como a distribución de contidos, e iso é incluso máis importante que a chegada a imprenta, que pese a liberar o texto da lousa que supuña a súa reprodución manuscrita, continuaba a limitar o proceso a unha elite (eran precisos medios técnicos e económicos para poder editar).

Agora calquera que teña algo que dicir pode facelo, e xa non hai que ter unha cabeceira de prensa que responda por un (con todo o bo e malo que iso poida supor) e que iso supoña unha crise do modelo establecido é algo conxuntural que en boa medida é culpa dos responsables dos medios tradicionais, que non queren explotar novas fórmulas, e prefiren optar pola precariedade laboral e os despedimentos masivos a optimizar recursos e adaptarse ás demandas do público (a descompensación entre oferta e demanda de información é máis grande que nunca).

A industria musical amosa moito exemplos de todo iso, pois a crise das discográficas non está a ser a fin da música, e artistas como PSY conseguiron facer na Rede algo que nunca terían logrado vendendo discos compactos. A Internet estase a converter nunha canle que elimina intermediarios, e boa parte da crise do sistema está en que os integrantes da vella garda non queren ceder e rexeitan ofrecer os seus contidos a través das novas plataformas (iso do gratis total é unha falacia, como demostran servizos como Netflix), ferindo gravemente o seu sector ao non achegar ao público o que demanda, levándoo a buscalo noutras fontes.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Enredando nas noites de Luar

    Durante o verán na revista Código Cero publicamos unha entrevista a Pilar Rodríguez Losada, responsable das redes sociais do Luar, e por se a alguén se lle pasou, pégoa...
  • A tradución automática invade a tenda de Kindle en galego

    Na miña intervención na pasada edición do LGx15 facía algúns comentarios sobre os tradutores automáticos, dando a entender que facían auténticas desfeitas simplemente porque algúns entenden que son ferramentas...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • PSY segue moi vivo

    Hai moito tempo que o rapeiro PSY non ten un superéxito en YouTube, pero iso non quere dicir que desparecerse ou que estivese quieto, senón que é moi complicado...