John McClane resístese a morrer

O vindeiro 15 de febreiro teremos nos cines a película La Jungla: Un buen día para morir, que dubido que sexa na que o incombustible John McClane estire a...

O vindeiro 15 de febreiro teremos nos cines a película La Jungla: Un buen día para morir, que dubido que sexa na que o incombustible John McClane estire a pata, pois o personaxe interpretado por Bruce Willis é máis duro que o turrón do ano pasado.
A película estrea estes días un novo trailer, que amosa aínda máis acción que nas películas anteriores, resultando difícil saber ata onde pensan chegar con esta saga, o que entrega tras entrega faime sempre pensar se estarán a continuar a franquía só para deixar en ridículo á persoa que decidiu traducir Die Hard como La Jungla de Cristal, título que sentaba moi ben á primeira película, pero que escarallouse de todo cando saíu a primeira secuela que xa non estaba ambientada nun rañaceos. De seguro que cando viu o título de La Jungla 2 non se lle ocorreou soltar outra cousa que «Yippee-ki-yay, hijoputa».

Eu non vexo nada claro o de ir a ver esta película ao cine, e paréceme moi raro que na actualidade estean a volver á grande pantalla Bruce Willis, Sylvester Stallone e Arnold Schwarzenegger, tanto xuntos como separados, dando a impresión de que estamos de volta aos anos 80, cando as películas facían máis negocio nos videoclubs que nos cines. ¿Estará a pasar algo así agora? Pese ás recadacións millonarias nas salas de exhibición, ¿rexurdirá o vídeo doméstico coas novas plataformas de distribución? Cando menos en plataformas como iTunes destacan os filmes como Los Mercenarios 2 entre os máis populares, algo que non conseguen no cine.

¿Queredes máis argumentos? Pois fixádevos como hai pouco estreouse no cine unha nova Desafío Total (ao igual que Rocky e Rambo tamén rexurdiron tras moitos anos de parón) dentro dun ano teremos nos cines a un novo Robocop e mesmo o regreso de Conan (esta vez con Arnie no filme e todo). Incluso sospeito que imos vivir primeiro unha volta aos 80 e despois outra aos 90. Cando volvan aos cines as Tartarugas Ninja e Parque Jurásico falamos. [icon icon=”0034.png”][/icon]

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS