<em>Pacific Rim</em> estrea trailer en español

Para o verán de 2013 agárdase a estrea da película de Guillermo del Toro Pacific Rim, que esta semana estreou trailer en español (o que perde parte do seu...

Para o verán de 2013 agárdase a estrea da película de Guillermo del Toro Pacific Rim, que esta semana estreou trailer en español (o que perde parte do seu encanto, pois en versión orixinal contaba coa voz de GLaDOS) e ten unha pinta estupenda, non como unha boa película, senón como a obra palomiteira do ano que claramente busca tomar o relevo das películas dos Transformers (a semellanza en efectos visuais e sonoros é innegable) pero eu quixera reivindicar que realmente estamos ante unha película que poderiamos considerar como unha versión moderna de Mazinger Z (ou de Evangelion) pois bebe directamente dos clásicos da animación xaponesa, con mechas

xigantes controlados por humanos para enfrontarse a monstros tamén xigantescos. Iso si, cando saia o primeiro deses bechos na película eu serei un dos que estea dicindo en voz alta “Babura, Babura…” como no episodio de South Park da Mecha-Streisand.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • San Diego Comic-Con, tráilers a mogollón

    Unha ano máis a Comic-Con de San Diego confirmou que xa non é un evento centrado na banda deseñada, senón na industria do lecer en xeral, de xeito que...
  • Unha semana para Wonder Woman

    A primeiros de mes estreouse nunha chea de países o filme de Wonder Woman, polo que levo moitos meses esperando con ilusión, principalmente para poder comprobar se queda esperanza...
  • Supergirl promociona o filme de Wonder Woman

    A pasada noite a serie de televisión de Supergirl despediu a súa segunda tempada, e aproveitaron a ocasión para facer publicidade do novo filme de Wonder Woman protagonizado por...
  • En Suíza tamén hai cosplay

    Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...