Cosplay masivo de marvelitas

Pedro Angosto vén de dar conta no seu blog dunha concentración masiva de Marvel zombies disfrazados dos seus personaxes favoritos, que foron captados en vídeo por Distractotron, deixando constancia...

Cosplay Marvel
Pedro Angosto vén de dar conta no seu blog dunha concentración masiva de Marvel zombies disfrazados dos seus personaxes favoritos, que foron captados en vídeo por Distractotron, deixando constancia de que a Dragon*Con 2012 foi unha pasada:

Pero dentro do friki que xa é o encontro, coido que hai algúns detalles máis que destacables, como as diversas variacións que podían verse de cada personaxe (para lembrarnos que os uniformes mudan con certa frecuencia), as aparicións de estrangis de Wario e de Aladdin, Stan Lee chupando cámara como nas películas, varios tolambráns disfrazados do Capitán América, Spider-Man, Rondador Nocturno, Venom e a Encantadora en versión Minimate, un tío xenial ao que se lle ocorreu facer acto de presencia como o Todopoderoso das Secret Wars (algo que supoño que se lles pasarían aos seareiros da Marvel máis novos), un cabezudo que ía de Uatu e, o mellor de todos, o Hércules cunha tatuaxe de Superman:
Hércules tatuado co logotipo de Superman
¡¿Que fai un incondicional da Marvel amosando o logotipo do personaxe máis representativo da competencia?! Iso si, vese que foi un dos participantes máis activos.
A quen botei en falta e a un que normalmente non perde este tipo de eventos, o Masacre bailón:

E si, tamén se atreveu a versionar o Gangnam Style: 😀

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Unha semana para Wonder Woman

    A primeiros de mes estreouse nunha chea de países o filme de Wonder Woman, polo que levo moitos meses esperando con ilusión, principalmente para poder comprobar se queda esperanza...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • Supergirl promociona o filme de Wonder Woman

    A pasada noite a serie de televisión de Supergirl despediu a súa segunda tempada, e aproveitaron a ocasión para facer publicidade do novo filme de Wonder Woman protagonizado por...
  • En Suíza tamén hai cosplay

    Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...