17 Setembro, 2012
Esta tarde Hachiko e Selene de El Onigiri con Botas, tenda de artesanía friki que participou na pasada edición de RetroCoruña, visitaron os estudos da Radio Galega en Santiago de Compostela para comentar un pouco o que fan no programa A Tarde, reivindicando dese xeito a subcultura da que participan e que moitos nostálxicos dos píxeles coma puños temos moi presente:
Aparte de dicir que os produtos que elaboran estas rapazas molan mazo, non podo evitar comentar unha pequena confusión sobre o mito de Afrodita A. O que pasaba coa compañeira de Mazinger Z é que si lanzaba os peitos, pero non berraba iso de
¡pechos fuera!(ou sexa, que a frase sería como o
tócala otra vez, Samou o
estás bébeda, Sue Ellen, frases que forman parte da nosa cultura, pero que nunca se mencionaron na súa película ou serie orixinal). Velaquí a proba:
Debe estar conectado para enviar un comentario.