Botan a andar as Festas do San Roque en Melide

Mañá pola noite comezan en Melide as Festas do San Roque, nunha edición que sorprende pola súa duración (10 días) nun momento no que as economías familiares e municipais...

Cartel das Festas
Mañá pola noite comezan en Melide as Festas do San Roque, nunha edición que sorprende pola súa duración (10 días) nun momento no que as economías familiares e municipais non parecen estar no seu mellor momento, pero segundo parece é grazas á colaboración entre o Concello cos negocios hostaleiros da vila, que buscan conseguir un retorno do seu investimento nas festas locais (agardemos que sexa así).
As celebracións teñen un bo comezo coa banda tributo a Dire Straits Brothers in Band, para dar logo pé a outras actividades entre as que sorprende un Mercado Medieval (algo pioneiro en Melide):
Mercado MedievalMercado MedievalMercado MedievalPercorrido Musical polo Casco Histórico de Melide
Non faltarán orquestras como a Fania Blanco Show, Gran Parada e Sintonía de Vigo, que son das que rara vez faltan nas festas, e o fin de festa correrá a cargo da Orquestra Panorama, nun concerto sorprendentemente sufragado polo grupo Palladium.
Tamén resulta rechamante a actualización estelar deste ano, que será o concerto de Camela o venres 17, que xa sería a repanocha se contase con Patricia Conde cantando no escenario: 😉

A Palladium apunta alto

E a discoteca Palladium non vai conformarse co día da Panorama, senón que tamén ten un programa de festas de seu bastante completo:

Cartel do San Roque na Palladium11 DE AGOSTO: Marsal Ventura dende Cataluña co seu éxito Levántala
12 DE AGOSTO: Super festa Ibiza Spirit
13 DE AGOSTO: Miss Camiseta Mollada
14 DE AGOSTO: José de Rico e Henry Méndez cos seus éxitos Rayos de Sol e Noche de Estrellas
15 DE AGOSTO: Concentración anual de DJ
16 DE AGOSTO: Charly Rodríguez cos seus éxitos Me Enamoré, Hasta la Madrugada
17 DE AGOSTO: DJ Fonsi Niento, ex piloto de MotoGP
18 DE AGOSTO: Festa erótica co show porno de Dinio e Miss Ourense 2009, gravación de porno en directo…
19 DE AGOSTO: Marcos Magán & friends
20 DE AGOSTO: Closing party con 20 persoas de animación, zancudos, cuspidor de lume e a Orquestra Panorama no exterior

DJ Fonsi Nieto, Dinio, a orquestra Panorama… quen diría que podían ter algo en común… 😀

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS