Esta semana Nike estrea unha campaña baixo o lema Game On, World claramente inspirada nos xogos de Super Mario Bros, da que gustei bastante:
A idea de Nike é aproveitar a tecnoloxía para levar conta da nosa actividade física tanto cunha pulseira Fuel coma con algún dos moitos dispositivos con Nike+, o que facilita a gamificación do deporte, tendencia que está a callar bastante entre a poboación, e incluso incluso no podcast de Serantes de hai un par de semana Zerote chegaba a atribuír a Nike a nova moda de saír a correr.
Competir cos demais, ou cun mesmo, parece ser bastante efectivo á hora de actuar coma incentivo, ou sexa, que as cenorias virtuais funcionan bastante ben. Deberían tomar exemplo dende outros ámbitos como o laboral ou o escolar, para que nos fose mellor a todos.
Debe estar conectado para enviar un comentario.