A vindeira fin de semana na cidade de A Coruña vai estar o epicentro do frikerÃo peninsular, pois no recinto de EXPOCoruña van coincidir dous grandes eventos: a 2ª LAN Party máis lonxeva de España (Arroutada Party) e ExpOtaku. Ou sexa, que afeccionados á Informática, o manga e o anime van xuntarse baixo o mesmo teito, o que promete ser tan divertido como curioso.
O venres botará a andar a 3ª edición coruñesa de ExpOtaku, celebración megafriki que foi un grande éxito nas edicións anteriores, gozando de moito público, e destacando a cantidade de xente que acode disfrazada dos seus personaxes de anime ou videoxogos favoritos.
O programa de actividades de ExpOtaku é moi completo, e inclúe numerosos concursos, torneos de videoxogos, obradoiros, proxeccións, concertos… e nin sequera faltará a Tropa Korriban. ¡Non podedes faltar!
Para que poidades facervos unha idea do que pode verse en ExpOtaku, quixera compartir aquà unhas imaxes da pasada edición, na que podemos ver que é un lugar ideal para facerse con numerosos obxectos frikis (na primeira edición eu merquei unha figura dunha tartaruga ninja que aÃnda teño no salón 😉 ):
Cosplay a tutiplén
AÃnda que unha das cousas que destacan máis é o cosplay masivo, e en moitos casos rechamante.
Se ben gustei do ben que Ãan unhas rapazas de personaxes de Final Fantasy XIII (mentres que o ano anterior quedara abraiado polos disfraces de Metal Gear Solid que levaban algúns):
No caso de Pokémon non podo dicir o mesmo (¡¿un disfrace de Pikachu?!): 😀
Logo hai mozas que botáronlle moito valor á hora de elixir o seu atavÃo:
Pero supoño que acudiron tranquilas porque sabÃan que o lugar estarÃa vixiado pola atenta mirada de Mario, disposto a machucar a calquera koopa que se pase da raia:
A Asociación de Informática Clásica tamén estivo presente
Os que non queiran confiar en Mario tamén poden controlalo directamente co mando dunha Super Nintendo, pois o encontro conta cunha zona retro da que gustei especialmente e coido que este ano van darlle bastante importancia a Mario, polo feito de que o seu creador recibirá un Premio PrÃncipe de Asturias.
Espero que a figura de Mario non faga que os máis habituais esquezan que este ano é o 25º aniversario de Street Fighter, e aproveiten para botar os piques de sempre. Eu aÃnda teño unha partida pendente a outro xogo de loita dende o ano pasado, pois a Dreamcast coa que estabamos a xogar quentouse moito e deixou de funcionar xusto no combate de desempate.
Unha das cousas que tamén me fixo ilusión o ano pasado foi ver un ZX Spectrum +2 coma o que tiña a finais dos anos 80. De feito, ata tiña varios dos xogos que se vÃa na mesa (Donkey Kong e Breakthru formaban parte da miña colección porque viñan en El Lingote de ERBE, xunto con outros xogos magnÃficos como Batman, Gauntlet, Arkanoid, Xevious e The Great Escape). Por culpa diso, varias semanas despois tamén piquei e achegueime a RetroCoruña 😉