Sobremesa moi melidense no programa A Tarde da Radio Galega

Como anticipo da Festa do Melindre que terá lugar o vindeiro domingo en Melide, hoxe tivemos sobremesa no programa A Tarde da Radio Galega, onde puideron degustarse ricos, melindres...

sobremesa melidense en A Tarde
Como anticipo da Festa do Melindre que terá lugar o vindeiro domingo en Melide, hoxe tivemos sobremesa no programa A Tarde da Radio Galega, onde puideron degustarse ricos, melindres e amendoados.
Os melindres foros do gusto de todos, pero o único que soubo chantar ben o dente aos ricos foi Alberto Rivero, quen xa tiña falado deles no programa (como bo coñecedor de todo canto curruncho hai en Galicia).
Pero o sabor das mostras da repostaría melidense non conseguiu eclipsar á orixinalidade de Cristina de Kanela y Limón, que se quedou con todo o mundo ao disfrazar unha torta de queixo nunha maceta.
Alberto Rivero zampando ricosRocío Pereira comendo dunha maceta

Xornada de MaridaxePodedes aprender a facer este orixinal xardín dos desexos seguindo a receita que indica Cristina Lorenzo no seu blog.

Ah, e para os de Melide aviso de que mañá ás 19:00 horas a presidenta da Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia, Mercedes González, conducirá unha cata de harmonías na Casa do Concello na que poderanse combinar os sabores e aromas dos doces melidenses con viños con Denominación de Orixe Ribeira Sacra e licores e augardantes tradicionais da nosa comunidade autónoma (recollidos baixo un distintivo de Denominación Xeográfica).

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS