I'm Batman

Se botamos a vista atrás, e buscamos recuperar na memoria a película Batman de Tim Burton, o normal é que lembremos algunhas das grandes interpretacións do Joker de Jack...

Se botamos a vista atrás, e buscamos recuperar na memoria a película Batman de Tim Burton, o normal é que lembremos algunhas das grandes interpretacións do Joker de Jack Nicholson, mentres que Batman queda nun segundo plano. Pero hai un momento de Bats que si foi memorable: cando levanta a un delincuente no aire e ao seu Who are you? (cunha voz de pito inesquecible) respóndelle un impresionante I’m Batman. Esta secuencia inspirou unha curtametraxe dirixida por Russell Challenger que recomendo:

Aproveito o momento para comentar que un dos motivos polos que non son quen de esquecer a secuencia do I’m Batman é porque no seu día, ao alquilar no videoclub a película C.I.A. Operación Espacial incluíase un trailer da película de Burton cunha dobraxe nefasta, no que ante un No me mate. No me mate. No me mate. ¿Quién es usted? o cruzado da capa espetaba un desenfadado Me llamo Batman (frases totalmente diferentes ás da montaxe final da película). Sempre pensei que ese trailer non era oficial, pero ao atopalo en YouTube… mudei de idea. Velaquí o tedes:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS