Luthea Salom e Cardigan Bridge en El Rincón de Vaibén

El Rincón de Vaibén é unha tenda coruñesa moi especial, sita na rúa do Orzán, que elixiron Rebeca Ponte (Cardigan Bridge) e Luthea Salom para un espectáculo conxunto baixo...

El Rincón de Vaibén
El Rincón de Vaibén é unha tenda coruñesa moi especial, sita na rúa do Orzán, que elixiron Rebeca Ponte (Cardigan Bridge) e Luthea Salom para un espectáculo conxunto baixo o título de Women’s Word, no que deleitaron aos presentes con varias cancións en acústico. A deseñadora que viste habitualmente a Cardigan Bridge xogaba así en casa, mentres que unha compañeira fixo o propio con Luthea Salom, nun local decorado para a ocasión dun xeito moi íntimo e persoal.
Luthea Salom
A neoiorquina Luthea Salom non só interpretou os varios dos seus temas, senón que tamén dedicou agarimosas palabras á súa anfitriona, Rebeca Ponte, quen a acolleu nos últimos días na súa casa, na que fixo unha grande amiga: ¡unha pita! Éche o que ten iso de vivir preto de Melide 😉
Luthea Salom
De feito, aos presentes, aparte dunha copa de cava, tamén nos deron a degustar ricos de Melide, o que fixo moita graza a boa parte dos asistentes, que eramos da vila.
Entre os temas cos que nos agasallou Luthea Salom está o seu simpático Tomorrow:

Rebeca Ponte coa guitarra en El Rincón de Vaibén
Rebeca tivo que facer un grande esforzo para cantar, posto que o mércores anterior tivera unha actuación estelar na praia do Orzán dentro do Noroeste Pop Rock, e tiña a voz algo tocada. Iso non lle impediu que sorprendera con varios temas inéditos (un dos mesmos, en español) que posiblemente figuren no seu segundo álbum.
Grazas á xente de Axitpop podemos ver parte da súa actuación do mércores na praia coruñesa:

Espero que os concertos que vai encadear os vindeiros días (pasará por Ferrol, Bueu, Pontevedra e Ribadeo) non prexudiquen a súa voz, e permitan aos seus asistentes gozar do interesante repertorio musical de Cardigan Bridge.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS