O peche do convento dos Padres Pasionistas na TVG

O pasado xoves o programa A Solaina da TVG tivo certo carácter melidense, e tras unha chamada telefónica dun veciño da vila, achegáronse ao convento dos Padres Pasionistas para...

O pasado xoves o programa A Solaina da TVG tivo certo carácter melidense, e tras unha chamada telefónica dun veciño da vila, achegáronse ao convento dos Padres Pasionistas para dar conta do seu peche por mor da falta de vocacións:

Entendo que os veciños fagan comentarios nostálxicos sobre o convento, pero hai que recoñecer que non é algo que sexa diferente, por exemplo, ao peche dun cine, e en boa medida tamén somos os cidadáns os que provocamos ese tipo de peche, xa que deixamos de acudir a moitos locais.
No convento dos Pasionistas non só había poucos padres, senón que de fregueses tampouco ía ben a cousa (coido que esaxeraron bastante ao comentar que a metade da vila fixo a Primeira Comuñón alí), como está a acontecer co resto de establecementos relixiosos. Actualmente é máis doado ter un rabaño de fieis ao redor dunha discoteca que nunha igrexa. É o signo dos tempos.
Cando menos este tipo de acontecemento levan á xente a lembrar tempos pretéritos (así como a agradecer o traballo que fixeron os padres todos estes anos), e a valorar mellor o que agora se ten, que non é pouco.

Quixera aproveitar a ocasión para agradecer ao padre Rosendo todo o que fixo pola mocidade da vila, dinamizando a vida cultural local ao organizar obras de teatro ou mesmo coa coordinación a revista do Instituto (Intres) que tanto tivo que ver coa miña actividade profesional actual.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS