Resultados por mesas nas municipais melidenses

Nos resultados electorais do pasado domingo, faltaba o reparto por meses en Melide, e finalmente o Partido Popular difundiu tal información en carteis que esta mañá puideron verse por...

Nos resultados electorais do pasado domingo, faltaba o reparto por meses en Melide, e finalmente o Partido Popular difundiu tal información en carteis que esta mañá puideron verse por toda a vila.
Resultados por mesas en Melide
Agora que podemos ver esta información parece claro que, aínda que o PP gañou tanto no rural como no urbano, onde perdeu máis forza o BNG foi claramente no rural, polo que os vindeiros membros da corporación municipal deberían ter iso en conta á hora de tomar as súas decisións. Algo debeu de facerse mal nos últimos catro anos para que tanto voto disperso mudase de signo.
O que tamén considero rechamante é o feito de que os votantes do BNG nas municipais foron moitos máis que nas autonómicas (cun aumento de 457 votos), o que parece deixar claro que a nivel local non son as siglas as que deciden o voto.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS