A xornada electoral de hoxe prometía ser movida, e pola mañá a min deume a impresión de que a participación era impresionante (o que normalmente implica un cambio), e...
A xornada electoral de hoxe prometía ser movida, e pola mañá a min deume a impresión de que a participación era impresionante (o que normalmente implica un cambio), e as cifras déronme a razón, pois a participación matutina pasou do 30,79% ao 35,37%, quedando ao pechar as mesas do 55,63% ao 58,36%, o que serve para lexitimar os comicios.
Pero admito que estou moi impresionado polos primeiros resultados, pois co 16,12% escrutado queda do seguinte xeito:
CANDIDATURAS
VOTOS
CONCELLEIROS
Partido Popular (PP)
554 (61,49%)
9
Bloque Nacionalista Galego (BNG)
234 (25,97%)
3
Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE)
104 (11,54%)
1
Coido que, por moito que cambie a cousa, a vitoria do Partido Popular en Melide é rotunda, polo que nos vindeiros días a actual corporación deberá reflexionar sobre o que levou a este cambio do cambio, pois parece claro o desencanto da vila co que se fixo nos últimos 4 anos.
ACTUALIZACIÓN (21:30): Co 21,60% do voto escrutado continuamos cos mesmos resultados:
CANDIDATURAS
VOTOS
CONCELLEIROS
Partido Popular (PP)
785 (64,19%)
9
Bloque Nacionalista Galego (BNG)
283 (23,14%)
3
Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE)
144 (11,77%)
1
Sorprende ver que a maioría absoluta do Partido Popular, en vez de diluirse, está a coller pulo ao aumentar o escrutinio (veremos se dura).
ACTUALIZACIÓN (21:40): Co 26,60% do escrutinio continuamos na mesma:
CANDIDATURAS
VOTOS
CONCELLEIROS
Partido Popular (PP)
965 (63,74%)
9
Bloque Nacionalista Galego (BNG)
340 (22,46%)
3
Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE)
191 (12,62%)
1
De continuar na mesma liña o Partido Popular conseguiría en Melide os seus mellores resultados da historia, superando 60,98% dos votos de 1995, de xeito que Ángeles Vázquez acadaría máis apoios que Miguel Pampín, algo que a poucos se lle podía pasar pola cabeza, pois a víctoria de Pampín parecía debuxar o teito do PP na vila.
ACTUALIZACIÓN (21:50): Co 36,79 escrutado parece confirmarse todo o anterior:
CANDIDATURAS
VOTOS
CONCELLEIROS
Partido Popular (PP)
1.280 (61,78%)
9
Bloque Nacionalista Galego (BNG)
519 (25,05%)
3
Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE)
251 (12,11%)
1
Como curiosidade non podo evitar comentar que neste blogue ninguén prognosticou este resultado. Estamos ante un resultado sorprendente sen lugar a dúbidas.
ACTUALIZACIÓN (22:00): ¡¿Quen me mandaría falar?! A cousa comeza a mudar, e o PP perde un concelleiro co 46,81% escrutado:
CANDIDATURAS
VOTOS
CONCELLEIROS
Partido Popular (PP)
1.494 (58,38%)
8
Bloque Nacionalista Galego (BNG)
750 (29,31%)
4
Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE)
285 (11,14%)
1
Con estes resultados temos que o escenario melidense achégase máis ao de 1999 que ao de 1995.
ACTUALIZACIÓN (22:12): Os últimos resultados consolídanse, e parece que o PP vai quedar con 8 concelleiros co 82,45% do escrutinio realizado:
CANDIDATURAS
VOTOS
CONCELLEIROS
Partido Popular (PP)
2.276 (54,95%)
8
Bloque Nacionalista Galego (BNG)
1.317 (31,80%)
4
Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE)
486 (11,73%)
1
Estes datos achegarían o panorama ao de 2003, polo que en vez dunha revolución electoral teriamos un simple paréntese que pretendería deixar atrás o mandato do bipartito local.
ACTUALIZACIÓN (22:35): Neste momento continúa o mesmo resultado en Melide, pero podemos ver que nas vilas veciñas a cousa tamén está cantada:
– En Toques, co 100% do escrutinio realizado, o PP queda con 4 concelleiros, XCPT leva 3 e o BNG leva 2.
– En Santiso, co 56,01% do voto escrutado, o PP queda con maioría absoluta e 5 concelleiros, o PSdeG-PSOE con 2, o BNG con 1 e IS con 1.
– Arzúa, co 56,72% do escrutinio quedaría cun bipartito, con 6 concelleiros para o BNG e para o PP e 1 concelleiro para o PSdeG-PSOE.
– En Palas de Rei, coa impresionante participación do 92,43% e un escrutinio do 55,55% o PP conservaría a maioría absoluta con 6 conselleiros (52,25% dos votos), mentres que o PSdeG-PSOE quedaría con 5.
O detalle melidense co 92,17% do voto escrutado sería o que segue:
CANDIDATURAS
VOTOS
CONCELLEIROS
Partido Popular (PP)
2.539 (55,18%)
8
Bloque Nacionalista Galego (BNG)
1.473 (32,01%)
4
Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE)
515 (11,19%)
1
Non parece haber marxe para o cambio en Melide. O PP recupera a maioría absoluta e supera o seu nivel de apoios de 2003 (sen chegar aos de 1999).
ACTUALIZACIÓN (22:45): Co 100% do voto escrutado, os resultados en Melide quedan como segue:
Con estes resultados case podemos dicir que o PSdeG-PSOE en Melide está a consolidar un chan en Melide (o que ten o seu mérito) superando incluso o número de apoios, pero que o BNG perdese 543 votos e que o PP gañase 312 votos parece reflictir un desencanto xeral cara á formación nacionalista (non só houbo traspaso de votos ao PP, senón que disparáronse os votos en branco e nulos de 37 a 82 e de 32 a 109 respectivamente, ou sexa, que hai uns 122 veciños máis que en 2007 que en vez de quedar na casa quixeron amosar o seu descontento coas candidaturas existentes).
No tocante ás vilas veciñas, xa rematou o escrutinio cos seguintes resultados:
– Santiso: PP (4) – BNG (2) – PSdeG-PSOE (2) – IS (1)
– Toques: PP (4) – XCPT (3) – BNG (2)
– Arzúa: BNG (6) – PP (6) – PSdeG-PSOE (1)
– Palas de Rei: PP (6) – PSdeG-PSOE (5)
O escrutinio en Palas aínda non rematou, pero parece estar todo o peixe vendido en vista da diferenza entre o PP e o PSdeG-PSOE, non repetíndose o resultado axustado de 2007.
ACTUALIZACIÓN (23:50): Confírmase o resultado de Palas de Rei co 100% do escrutino completado. O PP gaña por un concelleiro e por 165 votos (ou sexa, que o PSdeG-PSOE non gañaría nin contando cos 115 votos que levou o BNG).
Admito que este ano quedei moi positivamente coa boa acollida que tivo a XXVI Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional de Melide, pois tras un sábado con moi...
En Melide podemos congratularnos polo feito de que este sábado pola noite a Casa da Cultura vai converterse no escenario dun espectáculo das Cantareiras de Ardebullo, Nucha e Mucha,...
Non é ningún misterio que boa parte da prensa tradicional perdeu o rumbo na Internet e sucumbiu ante a praga do clickbait e dos contidos amarillistas co único obxectivo...
Dado que a pasada fin de semana celebramos o 25º aniversario da Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional de Terra de Melide, toca facer un pequeno repaso, e...
Debe estar conectado para enviar un comentario.