Esta noite fun ver a pelÃcula de Thor, da que non agardaba moito, e saÃn moi gratamente sorprendido do cine, entendendo que os da Marvel soubérono facer outra vez, de xeito que o universo que están a construÃr encadeando as pelÃculas de Iron Man, Hulk, Thor e Capitán América para chegar á dos Vengadores é un esforzo que paga a pena. Pero como non quero estragarlle a pelÃcula a ninguén, faréi uns poucos comentarios:
– THORtolitos: sÃntoo moito, pero a relación entre Thor e Jane Foster na pelÃcula é unha chorrada. Non existe quÃmica real entre os personaxes e non hai nada que xustifique a suposta relación romántica entre ambos agás compartir un par de planos en pantalla. Dá a impresión de que meteron iso con calzador para poder empregar a Natalie Portman como reclamo.
– THORnados: pese a que os efectos especiais da pelÃcula dan o pego, en realidade son mediocres, e abusan de tornados, tormentas e lóstregos para disimular. AÃnda que para min o peor foi a aparencia que deron a Asgard (¡e a OdÃn!) e a representación de exércitos inmensos en plan El Señor de los Anillos nalgunhas das esceas iniciais. Iso sobraba.
– THORpedo: ¡Fistro de pecador! ¡Cobarde! Si, se hai algo que destaca na pelÃcula é Loki, personaxe moi solvente e moito mellor traballado que o de Thor. Aproveitando que a historia xustifica as súas accións dase forma a unha figura que pese a levar unha vestimenta tan ridÃcula coma nos comics, ¡queda ben! É a tÃpica cousa que se ves en fotografÃas non as cres, pero cando as imaxes cobran vida na pantalla… ¡temos un antagonista perfecto!
– THORtura: aguantar ata o final dos tÃtulos de crédito para ver o cebo da pelÃcula dos Vengadores é todo un suplicio. ¡Pero hai que roelo! Estades avisados.
29 Abril, 2011
Debe estar conectado para enviar un comentario.