Conta atrás para as municipais: O BNG de Melide anuncia a súa candidatura

Como quen non corre, voa; a agrupación local de Melide do Bloque Nacionalista Galego xa anuncia a súa candidatura ás eleccións municipais no seu espazo na web do BNG,...

Soqui Cea será a candidata do BNG de Melide
Como quen non corre, voa; a agrupación local de Melide do Bloque Nacionalista Galego xa anuncia a súa candidatura ás eleccións municipais no seu espazo na web do BNG, asegurando que elixiron a «persoas con experiencia de goberno e tamén con un alto grao de renovación». A candidatura local preséntase co seguinte argumento:

O BNG é unha forza política comprometida con Melide. Estamos comprometidos e comprometidas cos problemas das persoas, así o demostramos estes catro últimos anos. Eses son os nosos problemas e preocupacións : o emprego e o benestar social, o idioma e a cultura galega, a sanidade e o ensino público, as enerxias limpas, o deporte, etc. O BNG goberna e quere seguir gobernando Melide para facer política a favor das persoas. Somos quen de construir un concello para vivir e para traballar, un concello pola igualdade, sustentábel e con calidade de vida, un concello que é o orgullo dos veciños e veciñas, un concello participativo e democrático.

Supoño que o resto de formacións farán o propio nos vindeiros días.
Ver candidatura do BNG ▼

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS