Lynnea Malley está a acadar certa sona na web tras compartir co mundo o seu tema The Facebook Song, que conta cun acompañamento musical digno de El Aborto de la Gallina de Manolo Kabezabolo (é incrible o que pode facerse con 4 acordes), unha letra divertida e un acompañamento sonoro moi POP: 😉
Mola o momento no que di iso de before Facebook I was never a stalker, and now I’m frightened by my ability to find the profiles of hot guys on campus whose names I don’t know
(antes de Facebook nunca fun unha acosadora, e agora estou asustada da miña habilidade para atopar os perfís dos cachondos do campus dos que non sei o nome
), cando fala de recibir felicitacións de aniversario de xente coa que nin coñece ou cando explica o son do chat de Facebook. 😀 😀 😀
Este tipo de comentarios dan para un monólogo, pero nunha canción tampouco quedan mal.
11 Xaneiro, 2011