«Todos os internautas ladróns son por lei»

Enrique Dans contribúe hoxe á difusión do videoclip Cuando fuimos piratas, de Toni A. Martínez (si, o mesmiño que superou as 800.000 reproducións en YouTube co seu tema Piso...

Enrique Dans contribúe hoxe á difusión do videoclip Cuando fuimos piratas, de Toni A. Martínez (si, o mesmiño que superou as 800.000 reproducións en YouTube co seu tema Piso de 30 metros) e Gina:

Ver letra ▼

CD nun PMPO tema musical pode descargarse de balde en MP3 e pretende deixar claros conceptos coma que os CD están obsoletos dende o momento no que non hai xeito de escoitalos nun reprodutor portátil (¿cando foi a última vez que víchedes un Discman?), que a chamada Lei Sinde é un abuso para as liberdades civís, que o peche de páxinas web non arranxa nada (como pasou co peche de Napster, que puxo as cousas aínda peor para a industria musical) e que os da SGAE están a abusar coas súas prácticas recadatorias (o que estes días estivo moi de actualidade cos ataques repetidos á súa páxina web).
Non hai por qué defender o todo gratis para entender que os modelos de negocio da musica mudaron nos últimos anos, e os que non queiran adaptarse van ter serios problemas, pois é inviable manter unha industria en base a compensacións indiscriminadas en soportes de gravación e dispositivos electrónicos. O cambio non vai chegar, senón que chegou hai anos.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS