Xuño rematou cun concerto de Cardigan Bridge/Rebeca Ponte no Playa Club para dar a coñecer o seu primeiro disco autoproducido, e esta mesma tarde (ás 19:30 horas) fará o propio nos directos da FNAC, establecemento no que xa teñen do disco nos seus estantes (e ) dende primeiros do verán:
Aí foi onde puiden comprobar que o lema de «si no está grabado telo grabamos en el momento» que reza a sección de discos da tenda vai moi en serio, e o disco de Rebeca, pese a non estar editado por unha discográfica, estaba na base de datos da FNAC, polo que pode escoitarse sen problema.
Pero, aparte de escoitar o disco, tampouco está de máis botar un ollo ao seu soporte físico, pois a súa edición é de auténtico luxo:
Na axenda da FNAC describen o evento desta tarde do seguinte xeito:
Los directos de la FNAC
CARDIGAN BRIDGE: “ON THE WINDOWSILL…”
martes 21 19:30 horas
Cardigan Bridge es Rebeca Ponte. Formada y dedicada profesionalmente al mundo de las artes plásticas y tras pasar por varias formaciones musicales de diversos estilos (pop, rock y jazz) en los últimos 10 años, el primer disco de esta artista y compositora es ya por fin una realidad. Una de las voces femeninas más insólitas y carismáticas de los últimos tiempos. Una delicada genialidad.
Agardo con impaciencia o espectáculo, para ver se no ambiente íntimo do Fórum da FNAC pódese gozar axeitadamente da presentación dun disco.
ACTUALIZACIÓN: Veño de volver do concerto na FNAC e estivo fenomenal, cunha acústica bastante boa, a interpretación de varias cancións que non estaban no disco e a agradable sorpresa da presentación do vídeo do tema 1.000 poems que supoño que pronto poderemos ver en YouTube (e se hai sorte, tamén na televisión).
Como adianto, velaquí unha gravación cutre feita co móbil: