O iPad en Turkía

O pasado venres comezou a venderse o iPad en España, de aí que no Turkía de Localia Coruña convidasen á xente da tenda Play para amosar o trebello de...

O pasado venres comezou a venderse o iPad en España, de aí que no Turkía de Localia Coruña convidasen á xente da tenda Play para amosar o trebello de moda (a partir do minuto 9):

Admito que adoro o dispositivo en cuestión, pero non estou a gustar nada da xente que o recomenda sen comentar as súas desvantaxes escudándose do campo de distorsión da realidade de Apple.
Por se acaso, repaso algunhas eivas do iPad:
– o prezo (é carísimo)
– os accesorios (moita xente terá que mercar complementos que non só son caros, senón que logo hai que cargar con eles, cando poderían estar integrados)
– o peso (680-730 gramos é moito para soster nas mans se non tes un punto de apoio)
– o sistema de ficheiros (está pechado, polo que para copiar cousas ao chisme hai que pasar por iTunes)
– a pantalla vese mal en exteriores (calan moito este detalle) e incluso en moitos interiores (polos reflexos)
– sen Flash (parece unha parvada, pero non poder acceder a certos contidos na web, especialmente páxinas web de canles de televisión, resulta frustrante)
– o prezo (¿comentei que é carísimo)

De todos os xeitos, está claro que este novo tipo de produto vai conseguir atopar un espazo de seu, de xeito que os que queiran estar á última poden adquirilo agora, mentres que os que prefiran coidar o seu peto poderán agardar uns meses para mercar produtos alternativos baseados en Android, aínda que dubido moito que chegue a saír algún realmente atractivo antes de rematar o ano (pois a igualdade de prezo o normal é decantarse por Apple, e os produtos de preto de 200 euros aínda non dan a tallas).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS