Otakus a centos en EXPOCoruña

Esta tarde pasei por EXPOCoruña para visitar a primeira edición de ExpOtaku, e quedei gratamente sorprendido, pois non esperaba que un evento de tal tipo puidese axuntar a tantísima...

entrada de ExpoCoruña
Esta tarde pasei por EXPOCoruña para visitar a primeira edición de ExpOtaku, e quedei gratamente sorprendido, pois non esperaba que un evento de tal tipo puidese axuntar a tantísima xente.
otakus disfrazados
Cando cheguei había varios centos de asistentes no lugar, pero comentáronme que non era nada comparado co día anterior, cando superaron o milleiro de visitantes, o que parece unha auténtica animalada para un encontro tan pechado (está dirixido a afeccionados ao manga e o anime).
Disfraces de Metal Gear Solid
Moitos dos presentes apareceron disfrazados, uns con mellor fortuna que outros, pero aínda que os disfraces correspondían principalmente a personaxes de anime, escachei coa risa ao ver que había quen decidiu disfrazarse de personaxes de Metal Gear Solid… ¡Incluíndo a Snake camuflado nunha caixa!
Xogando ao Pang
Pero non só de manga e anime ía o conto, senón que tamén había unha sección dedicada aos videoxogos, especialmente ás plataformas clásicas, servindo de anticipo ao RetroCoruña 2010 que terá lugar en Sada o 3 de xullo.

Tamén vin outras cousas que algúns poderían considerar abraiantes como unha moza xogando ao Street Fighter IV (si, si, o xogo non era nin o Tetris nin o Puzzle Bobble):
Moza xogando ao Street Fighter IV

Un rapaz cun zancos cos que pegaba uns chimpos impresionantes:
zancudo

E incluso un libreiro sendo amable cos seus compradores habituais: 😉
Tanxencias Comics en ExpOtaku
Vaia, que visto o visto, non teño dúbida de que este certame terá unha segunda edición en 2011. Vemos así que Viñetas desde o Atlántico pode convivir con máis celebracións frikis na cidade, e incluso poderían xurdir sinerxías entre os eventos (como xa hai con RetroCoruña).

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS