Nova promoción de película de El País

A caída de vendas da prensa está a levar ás distintas cabeceiras a lanzar atractivas promocións para manter a súa tiraxe, aínda que a meirande parte das veces teñen...

A caída de vendas da prensa está a levar ás distintas cabeceiras a lanzar atractivas promocións para manter a súa tiraxe, aínda que a meirande parte das veces teñen pouco de oferta, con excepcións como a que principiará o domingo El País, xornal que vai regalar unha película en DVD á semana, cunha selección bastante interesante:
Cine de Estrea
– Señales del futuro
– EL jardinero fiel
– Pánico nuclear
– World Trade Center
– Diarios de motocicleta
– Asalto al distrito 13
– El último gran mago
– The code
– Buenas noches, buena suerte
– El mensajero del miedo
As películas non teñen moito tempo, son de certo nivel e a súa temática é bastante variada (dende filmes de tiros ata dramóns) polo que non creo que a moita xente interésenlle todos os títulos, pero calquera pode atopar un par de obras do seu gusto.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS