Por fin podemos ver o segundo programa de Turkía a través da web, mellorando a anterior entrega e contando nesta ocasión coa presenza do adestrador canino Octavio Villazala e do colaborador Iván Flashback:
O primeiro programa de Txury e Antón superou a 400 reproducións en 2 días, o que está moi pero que moi ben para un programa televisivo publicado na web, o que dá a entender que Localia Coruña aínda non chega a tantos televisores coma debería. Agardemos que a cousa cambie paulatinamente, e que as copias en liña queden reservadas para a xente de fóra da Coruña e aos que queren recuperar o programa dun día anterior.
Por certo, ¿a alguén máis sorprendeulle que o programa apareza cualificado como para todos os públicos
? Coido que esta entrega é, coma mínimo, para maiores de 13 anos.
17 Marzo, 2010