12 Febreiro, 2010
Esta mañá no Bos Días da TVG falei con Carlos Amado e Xesús Peleteiro da principal novidade tecnolóxica da semana, o Google Buzz, ese intruso que apareceu no Gmail que para algúns é un mundo novo de posibilidades e para outros unha dor de moas:
Dende Google recibiron moitas queixas polo xeito de meter con calzador o Buzz, e están a modificar o seu funcionamento para que sexa unha ameaza para a intimidade dos usuarios.
Cómpre lembrar que no pé de Gmail hai unha ligazón para desactivar o servizo, e no caso de que teñamos a bandexa de entrada chea de comentarios de Google Buzz, podemos definir un filtro para arquivar estes contidos de xeito automático.