As canles de TDT que non chegan

En La Vanguardia publicaron onte a seguinte nova: La mitad de las concesiones de TDT comarcales no emitirá Menos de la mitad de los canales de TDT previstos en...

En La Vanguardia publicaron onte a seguinte nova:

La mitad de las concesiones de TDT comarcales no emitirá

Menos de la mitad de los canales de TDT previstos en el plan inicial de la televisión digital en Catalunya (96), en su gran mayoría comarcales, no estarán en marcha el 3 de abril del 2010, cuando se inicie en toda España la fase final del apagón analógico. “Y probablemente no habrá otros”, auguró ayer el presidente del Consell de l’Audiovisual de Catalunya, Ramon Font.

Ese panorama recesivo es el que describió Font en la III Jornada del Sector Audiovisual de la escuela de negocios Iese, donde reclamó a los concesionarios de licencias de TDT que “hagan su papel y cumplan sus responsabilidades, y si no están en condiciones de hacerlo, que opten por retirarse, como ya han hecho importantes operadores en el área metropolitana de Barcelona”.

La jornada, en la que expertos del sector audiovisual debatieron sobre la reforma de la normativa española, con la supresión de la publicidad en RTVE y la redacción de la futura ley del audiovisual que está en trámite en las Cortes, deparó críticas hacia el proyecto del Gobierno. La directora de Televisió de Catalunya, Mònica Terribas, se lamentó de que el redactado de la ley “se dedica a gestionar el sector desde el punto de vista estricto del negocio y no de los contenidos”. “Estamos condenados –advirtió– a ir mermando nuestra fuerza, pero no desfalleceremos en ofrecer una programación de calidad”.

Juan Ruiz de Gauna, director general de La Sexta, abogó, por su parte por que la supresión de la publicidad en TVE se extienda al resto de las televisiones públicas: autonómicas y locales.

En otro foro, el presidente de Mediapro, Jaume Roures, asistió ayer a Matins Esade, donde pronosticó que la publicidad que pierda TVE no se repartirá entre las otras cadenas. Indicó que la inversión publicitaria ha caído de 3.600 a 2.200 millones de euros durante el último año.

Por unha banda, o da publicidade de TVE paréceme unha auténtica animalada, que o único que vai conseguir é degradar a televisión pública. A medida foi totalmente arbitraria, pois ás canles privadas chegáballes con que TVE reducise os seus minutos de publicidade. Admitamos que aínda hoxe botan máis publicidade que moitas privadas, o que é unha vergoña. A min tenme molestado especialmente ao ver o programa 59 segundos, pois pese a ser a altas horas da noite, estaba cheo de cortes publicitarios de longa duración, o que rachaba totalmente o ritmo do debate e convidaba a abandonar o seu visionado (¡a camiña!).

Pero o que realmente é preocupante é que xa estimen que tras o apagamento analóxico a metade das canles que xa deberían levar moitos meses emitindo aínda non teñan un proxecto para despegar, de xeito que ocuparon un espazo chegando a botar do mercado a televisións en funcionamento para deixalo baleiro.
Coido que a situación de Cataluña pode trasladarse ao resto do Estado, e no caso galego ten toda a pinta de que a cousa vai ser aínda peor:
– As canles de ámbito autonómico non van cumprir nin de lonxe os compromisos establecidos, e aínda que é de agardar que La Voz de Galicia chegue a funcionar dun xeito medianamente digno, non teño ningunha confianza en que Popular TV chegue a desenvolver os contidos galegos prometidos.
– Das canles de ámbito local só están a emitir actualmente (que eu saiba) en toda Galicia as canles Correo TV, DezTV e Canal Rías Baixas, aínda que é de agardar que de cara ao apagamento incorpórense ao dixital as distintas emisoras de Localia, Telemiño, Telelugo e TV7 por seren canles que xa están a funcionar en analóxico.
Pero as emisoras de El Faro de Vigo (en Vigo, Pontevedra ¡e Compostela!), El Ideal Gallego e La Opinión (ambas en Coruña e Ferrol) dubido moito que cheguen a existir nunca, e o mesmo podería aplicarse a outras canles máis cativas das que non escoitei falar nada (e supoño que non chegarán a montarse).

Deixando de lado a miña experiencia profesional no sector, coma consumidor véxome prexudicado por cómo está a levarse o tema, pois eu na Coruña tiña antes para elixir entre TeleCoruña e Localia, e agora, que debería poder elixir entre 3 canles, só teño 1 (Localia) porque La Opinión e El Ideal conseguiron botar fóra a TeleCoruña, pero non ocuparon o baleiro deixado pese a comprometerse a tal.
A situación actual está a deixar aos espectadores sen contidos, e tamén está afectando moi negativamente ao sector audiovisual, que agardaba ter colocados a unha serie de profesionais que actualmente están no paro, pois o escenario de 3 canles de TDT por cidade en Galicia está lonxe de ser unha realidade 🙁

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS