Vídeos virais no Bos Días da TVG

Modesto, o blogueiro que non acouga se non cambia o molde do seu blogue cada pouco tempo, pasou hoxe pola TVG para falar de vídeos virais, e gustei do...

Modesto, o blogueiro que non acouga se non cambia o molde do seu blogue cada pouco tempo, pasou hoxe pola TVG para falar de vídeos virais, e gustei do feito de que comentase o que son realmente:

Comento iso porque hai cousa de ano e medio nunhas xornadas saín bastante mosqueado pola prostitución da expresión, e un responsable dunha axencia de publicidade, tras ter unha campaña viral de éxito, dedicábase a chamar viral a todo o que estivese baseado na Internet, sen contar en absoluto coa interacción do usuario.
Vaia, que deu exemplos de supostas campañas virais que non vira ninguén, argumentando o seu éxito pola súa aparición na prensa tradicional (WTF?). Dar a entender que pode crearse un viral con só intentalo é absurdo. Na web hai milleiros de fenómenos sementados coa intención de converterse en virais, e só uns poucos xermolan (e na meirande parte dos casos, sen pretendelo).
Non creo que nin David saíndo do dentista, nin o esquío dramático fosen clips publicados na Rede para algo máis que botar unhas risas cos amigos, pero saíronse de nai. Sen ir máis lonxe, unha entrevista como a que fixeron no Bos Días a Manuela Busto podería converterse nun vídeo viral, aínda que en Galicia parecen funcionar mellor cousas coma o famoso vídeo do fuchi fuchi (borrado de YouTube, pero circulando por aí igualmente) ou o me cagho nas estrellas.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS