Estamos en crise, pero iso non impide que os centros comerciais abran en A Coruña (eles saberán o que fan), e así estes días podemos escoitar na radio anuncios de que o Media Markt, xa presente en Vigo, vai abrir un espazo de seu no Dolce Vita de A Coruña (comentan por aí que hai que estar pendente das ofertas de apertura, que habitualmente son moi boas).
Pero non é a única novidade destes días, pois mañá mesmo vai abrir preto do Carrefour e o Coliseo unha nova área comercial, Espacio Coruña, que acollerá a moitas das marcas presentes no Dolce Vita, á vez que contará cun cine de Yelmo con sala 3D e todo.
Na caixa do correo deixáronme hoxe un vale de desconto de 2 euros para o cine, polo que igual algún día pico, e o que teño claro é que ao quedar preto da casa agora xa podo elixir entre El Puerto e Espacio Coruña (pois por proximidade antes sempre desbotaba a Los Rosales para ver as estreas). Vaia, que cando boten Avatar en 3D xa sei onde vou ir vela 😉
19 Outubro, 2009
Debe estar conectado para enviar un comentario.