O mundo do porno continúa a perderlle o respecto a grandes series de televisión, e agora arríscanse con Dexxter (que para que non o pille ten coma eslogan Yeah! It’s a porno
) e que é unha obra (bastante mala, ao parecer) ambientada en Miami como a serie de Showtime que pretende parodiar, contando desta volta cunha investigadora de crimenes sexuais, Dexxxter Whoregan… vaia, todo un alarde de orixinalidade.
Iso si, os de Showtime poden quedar tranquilos, pois parece difícil que alguén poida facer unha versión porno de Californication por motivos evidentes.
Aquí en España (e en Galicia) continúan a cortarse bastante con estas cousas, pero calquera día vemos unha versión porno Padre Casares, Matalobos, La Señora ou Cuéntame, que como mínimo permiten unha deformación dos seus títulos como para non ter que limitarse a engadir un X ao final (coma o cutre Torrente X).
13 Outubro, 2009