Comics en La Octava Planta de Cadena SER

Álvaro Pons informaba hoxe no seu blog que esta noite na Cadena SER poderiamos escoitar falar de comics no programa La Octava Planta a vai permitir que falen da...

Álvaro Pons informaba hoxe no seu blog que esta noite na Cadena SER poderiamos escoitar falar de comics no programa La Octava Planta a vai permitir que falen da novena arte os debuxantes Paco Roca e Max, o editor de Marvel-Panini en España (Julián M. Clemente) e o responsable da libraría Atlántica Cómics.
Como a web da SER non está actualizada cos programa do verán (ou eu non os atopei), poño aquí o audio para que o poidan escoitar os comiqueiros que o desexen:


Unha mágoa que sexa case imposible escoitar falar de comics na radio, mentres que á literatura tradicional dedican espazos semanais. Coido que incluso a poesía (con aínda menos público que o cómic) recibe máis atención mediática. Unha pena que industrias como a da banda deseñada ou os videoxogos estean a tratarse dun xeito marxinal por parte dos medios de comunicación tradicionais, que parecen ignorar o moito que cambiaron estes sectores nos últimos 20 anos.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS