¡Saímos no moblog de verán de La Voz!

Coido que o moblog de La Voz foi o primeiro medio que cubriu hoxe o encontro blogueiro coruñés: Reunión de Beers & Blogs en A Coruña Esta tarde-noche en...

Coido que o moblog de La Voz foi o primeiro medio que cubriu hoxe o encontro blogueiro coruñés:

Reunión de Beers & Blogs en A Coruña

Esta tarde-noche en la que muchos gallegos emprenden su viaje de vacaciones, los bloggers de A Coruña han organizado una reunión para descubrir las caras que hay detrás de esas bitácoras que leen todos los días.

Raúl, uno de los impulsores de esta nueva reunión, nos  explica los motivos para esta convocatoria:

¿Y de que hablan un grupo de bloggers en un cafetería? Pues de blogs, por supuesto, y de comentarios y del papel de las redes sociales, entre otras cosas.

También de las cadenas de emails y de los spams. Pero también hablan de las horas que le dedican a sus blogs:

Se trata ya de la “cuarta o la quinta” reunión que se celebra en la ciudad, y una tras otra, los bloggers van poniéndose cara unos a otros.

¡E non será porque non viñeron medios! Pasou por alí xente de La Voz, El Ideal, Xornal de Galicia e non sei cantos medios máis, polo que mañá o evento vai parecer algo serio e todo ;O)
Agora que lin quen asinaba o artigo deume algo de carraxe non recoñecer á reporteira pola voz, pois era Mónica Pérez, a especialista en televisión de Voces de Galicia (RadioVoz).
E coma Pitufo Rosmón non podo deixar de destacar que encontro de Beers & Blogs é unha redundancia (un Beers & Blogs é un encontro informal de blogueiros).

A cousa estivo bastante ben, e puidemos coñecernos unha boa tropa, aínda que algunha xente foise incorporando un tanto tarde (eu incluído). LordMaX portouse de marabilla con todos, e dende aquí só podo recomendar que visitedes o Coffee Breaks!, un local que dá unha nota de cor ao Bulevar do Papagayo, centro comercial que precisa un pulo para achegar algo de público, pois a zona na que está non é mala, pero sospeito que a xente apenas o coñece (eu mesmo era a primeira vez que ía).
Despois do verán volverá a repetirse o evento, buscando unha certa periodicidade. A ver se non cadra en fin de semana para que poida achegarme, para que me dean a revancha ao Guitar Hero pois perdín unha partida polos pelos. 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS