23 Xullo, 2009
Xeni Jardin descúbreme un fenómeno que descoñecía: as versións musicais feitas por mariachis. En BoingBoing poñen o Smooth Operator versionado (hai que agardar un pouco para ver o salto musical):
Pero para min iso non é nada comparado co Beat It de Michael Jackson:
Tamén paga a pena botar un ollo ao Zombie de The Cranberries, o Rock You Like A Hurricane, o Satisfaction dos Rolling e incluso o I Want To Break Free de Queen.
Polo que vexo, hai bastante diferenza entre as cancións de mariachis en público ao estilo mariachillout, decantándome eu polo primeiro estilo, moito máis alegre e simpático.