Anuncio ¿censurado? de Sprite

Na Rede non paran de aparecer anuncios censurados que sospeito que nunca chegaron a presentarse para emitir en ningún lugar do mundo, senón que os gravan directamente para penduralos...

Na Rede non paran de aparecer anuncios censurados que sospeito que nunca chegaron a presentarse para emitir en ningún lugar do mundo, senón que os gravan directamente para penduralos da web cos atractiva etiqueta da censura para aproveitar a promoción viral. O último exemplo que vin é un anuncio de Sprite:

O vídeo xa leva máis de 100.000 reproducións porque saíu onte nun popular blogue brasileiro. Tamén resulta bastante curioso que a protagonista do clip é bastante parecida a Britney Spears hai uns anos.
¿Alguén cre que dende Sprite pasouselles pola cabeza nalgún momento intentar emitir este anuncio pola televisión?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Jon Secada no Luar

    E se Jon Secada fose un youtubeiro?

    O 13 de setembro foi un día moi especial na Televisión de Galicia xa que volveu á grella da programación o programa Luar contando coa presenza excepcional de Jon...
  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...
  • Un mundo infernal

    Unha das series de televisión de máis éxito da miña infancia foi Dragones y Mazmorras, da que incluso puidemos ver adaptación en banda deseñada da serie e incluso unha...