¿Videoxogos dobrados ao galego?

Sei que é moito pedir, pois a meirande parte dos videoxogos nin sequere veñen dobrados ao español, pero sería bonito ver o Dragon Ball: Revenge of King Piccolo en...

Sei que é moito pedir, pois a meirande parte dos videoxogos nin sequere veñen dobrados ao español, pero sería bonito ver o Dragon Ball: Revenge of King Piccolo en galego. De feito, se saíse así, ata eu mercaría unha Wii (pese a que sexa unha merda de consola)… e moita xente faría o mesmo, se ve o seguinte trailer:

O xogo sae no Xapón o día 23, e supoño que intentarán que chegue a occidente antes do Nadal. ¡Que morriña!
De todos os xeitos, continúo a pensar que estaría moi ben que a FORTA chegase a algún acordo con Nintendo (ou outra compañía) para dobrar algún videoxogo nas linguas autonómicas (hai xogos que na actualidade xa deixan seleccionar entre a dobraxe en inglés/xaponés e español). Loxicamente non falo dos textos do menú e dos subtítulos, senón das voces, para poder conservar as voces que coñecemos da televisión. Soñar é de balde…

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS