A xente de Marca, durante as retransmisións dos partidos, preparan unhas pezas de vídeo con gráficos 3D nos que repasan os mellores momentos, pero coma o fan ás presas, de cando en vez cólanse tomas falsas como a seguinte:
Na web de Marca xa está corrixido o vídeo, pero a cousa non deixa de ter a súa graza, aínda que existe a posibilidade de que todo fose un fake. De todos os xeitos, hai que lembrar que nas tomas falsas de cada gravación un tende e dicir burradas para desfogarse, pensando en que non as oe ninguén, e que accidentalmente subisen unha toma mala en vez dunha boa é moi probable.
Iso si, a min que me expliquen o que facía Pikachu xogando con Exipto. ¿Non o víchedes? Fixádemos no gráfico interactivo que publican en Marca.com:
¡Está cheo de Poké Balls! ¡Exipto é un equipo de Pokémons!
O que non sei e se no partido en concreto xogou Pikachu, Raichu ou su putísima madre
.
Pola parte do Brasil tampouco sei se teñen un tipo específico de Pokémon. ¿Teñen nacionalidade estes seres que o mes pasado lideraron as vendas de videoxogos en España? Si, despois de tantos anos, cada vez que sae un xogo de Pokémon para a Nintendo DS convértese no título máis vendido, superando a Mario, FIFA, Kratos e a quen sexa. ¿Para qué lanzar xogos coma Metal Gear Solid ou Final Fantasy se logo Pikachu arrasa con todos sen esforzarse?
16 Xuño, 2009
Debe estar conectado para enviar un comentario.