¿Cómo sería El Caballero Oscuro nos anos 60?

Os tolos de College Humor veñen de facerme escachar coa risa ao presentar cómo sería a película de El Caballero Oscuro se seguise os pasos da serie de Batman...

Os tolos de College Humor veñen de facerme escachar coa risa ao presentar cómo sería a película de El Caballero Oscuro se seguise os pasos da serie de Batman que botaban hai anos na TVG:

O peor de todo é que non hai tanto que tragaba todos os episodios do Batman de Adam West sen rechistar, aínda que sempre gustei máis da visión que do personaxe daba Bruce Timm na súa serie de animación.
Por se acaso, recomendo á xente que non revisite moitas series da súa infancia, pois téndese a levar sorpresas nada agradables, que enturbian as nosas lembranzas. Vaia, que Mazinger Z dá moita peniña hoxe, aínda que no seu día parecese unha serie alucinante (aínda que hai que recoñecer que moitas series xa eran cutres no seu tempo).

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS