Sáelle un duro competidor a Susan Boyle

Todo apuntaba a que Susan Boyle ía converterse no novo Paul Potts, pero agora vai pórlle as cousas difíciles un rapaciño de 12 anos que podedes ver en YouTube:...

Todo apuntaba a que Susan Boyle ía converterse no novo Paul Potts, pero agora vai pórlle as cousas difíciles un rapaciño de 12 anos que podedes ver en YouTube:

O mellor da súa actuación é cando Simon o interrompe a Shaheen Jafargholi e faille cambiar de canción (do Who’s Loving You de Michael Jackson ao Valeire de Amy Winehouse). Queda clarísimo que as sorpresas están amañadas, pero mola igual ver eses momentos.
¿Por qué os Tienes talento e os Tú sí que vales españois son unha merda pinchada nun pao en comparación? A ver se toman nota e podemos ver algo semellante por aquí (e dos concursos de talento da TVG xa nin falo).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS