Gayoso (o de Melide, non o do Luar) mandoume por correo electrónico o cartel coa programación da I Semana do Software Libre en Melide, co que pretende estrearse na vila a .
A primeira actividade irá dirixida aos alumnos de 4º da ESO e de 2º de Bacharelato do IES melidense dentro do seu horario lectivo, os que se lles introducirá nos conceptos do Software Libre e do sistema operativo Galinux (do que se lles regalará unha copia).
Continuará con Asetem, para presentar aos empresarios da vila as alternativas de software para os seus negocios, para o que Gayoso contará coa colaboración de José Limeres (da arousana BoraTelecom), quen amosará o ERP Abanq (antes coñecido coma Facturalux).
E xa para un público máis amplo, rematará a semana na V Foliada de Melide, onde contarase cun expositor no que presentarase a nova web da Asociación, asà como diversas actividades orientadas á perspectiva máis lúdica do software libre.
Podedes ver o calendario detallado a continuación:
16 Abril, 2009
Debe estar conectado para enviar un comentario.