Está en marcha unha parodia porno de Star Trek

A clásica serie de televisión de Star Trek non terá só un remake en pantalla grande o 8 de maio, senón que dende Hustler preparan a película This ain’t...

A clásica serie de televisión de Star Trek non terá só un remake en pantalla grande o 8 de maio, senón que dende Hustler preparan a película This ain’t Star Trek XXX, unha película pola que non daría un can ata que vin imaxes promocionais como a seguinte:
O reparto da película
Impresiona ver cómo os actores deste carallada teñen máis semellanza cos orixinais que os que encarna a película de cine de próxima estrea. Aínda que o mellor é ver a pose que fai o Capitán Kirk (Evan Stone):
Kirk en plan serio
¡Clava a William Shatner! (Podemos ver a comparación de repartos en Fleshbot) E o mellor de todo é que parece que o malo da película será Khan, o que podería ser toda unha risa. Espero impaciente a que lancen o trailer desta obra mestra, pois apostaría algo a que vai ser divertidísimo.
¿Terán versión coñeira da grande introdución da serie? Porque iso de O espazo. A fronteira final. Estas son as viaxes da nave espacial Enterprise na súa misión quinquenal para explorar novos e estraños mundos, para buscar novas formas de vida e novas civilizacións, para chegar a onde ningún home foi antes dá moito xogo.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS