Kingpin visita a Costa da Morte no último número norteamericano de Daredevil

Hai un par de semanas chegou ás tendas norteamericanas o número 116 da serie Daredevil no que comeza unha nova saga na que narran o regreso de Kingpin, e...

Hai un par de semanas chegou ás tendas norteamericanas o número 116 da serie Daredevil no que comeza unha nova saga na que narran o regreso de Kingpin, e a acción ¡transcorre en Galicia! Acaba de avisarme Diego do asunto, e quedei un tanto flipado ata que vin que o debuxante non é outro que David Aja, que o pasado verán foi un dos convidados a Viñetas desde o Atlántico.
Na web podemos ler as primeiras páxinas a xeito de mostra, pero eu fixen a miña propia escolma:
Daredevil 116 - 1Daredevil 116 - 2Daredevil 116 - 3
Daredevil 116 - collage
O mar, o campo, Nunca Máis e Estrella Galicia… un curioso xeito de resumir nuns detalles o que é a Costa da Morte, zona elixida por Kingpin para iniciar unha nova vida lonxe do crime. Sobra dicir que non o van deixar tranquilo, e o chaman a filas, para que volva a ter un papel importante na serie do Home Sen Medo. Estaría ben que fose ao revés, e Daredevil deixase a rúas de New York para loitar contra o crime nas costas galegas… ¿o terror dos mariscadores furtivos? 😛

ACTUALIZACIÓN: Manuel Gago falou por teléfono con Aja, quen asegurou que elixiu a Costa da Morte porque apetecíame coller unha zona grande que estivera pouco explotada a nivel turístico, e tamén para non etiquetar algunha vila concreta. Tentei reflectir o espírito da zona.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS