O PP melidense volve á Internet en forma de blogue

O Partido Popular de Melide está de volta, e tras a desaparición da súa anterior páxina web (popularesdemelide.es), chegan agora cun blogue no que empezan forte, tratando temas coma...

Novo blogue do PP melidense
O Partido Popular de Melide está de volta, e tras a desaparición da súa anterior páxina web (popularesdemelide.es), chegan agora cun blogue no que empezan forte, tratando temas coma o da rotonda de Santa María, os danos provocados polo temporal da pasada fin de semana ou o centro de día. Agardemos que manteñan este espazo actualizado, especialmente despois dos comicios electorais.
Unha mágoa que na actualidade non estean activos blogues do resto de forzas políticas presentes en Melide, para que se abrise un diálogo virtual. Aínda que a páxina web do Concello está a ter un ritmo de publicación excelente, bótase en falta que os partidos que conforman o Goberno municipal non teñan unha voz independente na Internet.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS