¿Non o sabías? Se es menor de idade, lisca de aquí. Isto é un blogue pornográfico, e así o entende a rede Wi-Fi do novo centro comercial coruñés, o Dolce Vita:
Unha mágoa que non se poida ver esta web dende a rede pública do Dolce Vita, pero recoñezo que os contidos que publico son para maiores de idade, polo que me parece ben que se vete o acceso a este blogue dende unha rede Wi-Fi aberta a calquera que pase cun portátil, un iPhone ou unha consola de videoxogos portátil por onde haxa cobertura, aínda que dubido moito que os cativos teñan algún interese en pasar por aquí.
Ao final ata vai parecer que esta web é de pago, xa que non se pode acceder á mesma dende redes gratuítas. Mirarei a ver se R e Telefónica me poden pasar unha porcentaxe do que lle cobran aos meus lectores por conectarse á Rede para consultar estas liñas. 😉
19 Novembro, 2008