Non acabo de entender a teima que teñen algúns autores norteamericanos de idealizar ao futuro presidente dos EE.UU., pois non deixa de ser unha persoa, polo que comentará moitos erros, e logo decepcionaranse moito.
Aínda así, algunhas das homenaxes que lle están a facer molan, como a tira de hoxe de Sinfest:
Parece evidente que a tira cómica dominical está inspirada no deseño de Alex Ross de Super-Obama, que incluso se vende nunha camiseta que este mes aparecía no catálogo de Previews. O debuxo pode ter a súa graza, pero levalo na roupa me parece un tanto esaxerado. Eu non imaxino en España a xente con camisetas de SuperZP (personaxe que xa ten o seu tempo).
A min iso dos superheroes negros tal e como se fai nos comics me parece bastante mal, pois Steel foi unha versión negra de Superman despois da súa morte, e o Green Lantern negro James Stewart non deixa de ser unha versión de Hal Jordan para cubrir certo cupo de aí que apareza coma membro da Liga da Xustiza nas series de animación porque non había outro superheroe negro que meter. Vaia, que me parece racista e innecesario iso de facer versións negras dos personaxes (lembremos tamén ao Iron Man negro). Iso non o fan con outras razas, de aí que non vexamos un Green Lantern chinés ou un Superman latino… con permiso do Chapulín Colorao (“¡No contaban con mi astucia!”).
Debe estar conectado para enviar un comentario.