Dende que Todd McFarlane anda tocando as narices cos dereitos de Miracleman non lle teño moito aprecio, pero os seus bonecos si que me encantan, pois teñen unha calidade abraiante e un prezo axustado. Actualmente incluso teñen unha liña dedicada aos videoxogos con figuras de Halo 3, Soul Calibur e mesmo de Guitar Hero, e dentro desta última colección este mes sacaron algúns bonecos de limitado atractivo, que mellorará en febreiro de 2009 ao incorporar a Slash e Judy Nails (o meu personaxe favorito de Guitar Hero III… que me parecía moi cutre nas anteriores entregas), pero o mellor de todo é que no mesmo mes tamén van sacar unha liña menos realista (e máis barata) de figuras inspiradas no xogo, presentando unhas representacións moi simpáticas de Lars Ümlaut e Axel Steel:
¿Acaso non son adorables? Como se van a vender a un prezo de entre 6 e 8 dólares coido que non vou poder evitar a tentación de facerme con algún aínda que non teña onde metelo.
16 Outubro, 2008
Debe estar conectado para enviar un comentario.