Esta semana co gallo do Tokyo Game Show se presentaron moitos trailers de videoxogos altamente recomendables (os xogos e os trailers), comezando polo do anticipado Street Fighter IV (que finalmente parece que chegará a PS3, Xbox 360 e PC o 31 de xaneiro, pese a que se agardaba para antes do Nadal):
Pero se non chega con ver a personaxes clásicos coma Ken e Ryu dándose de hostias, no mesmo xénero tamén se confirmou que a saga de Tekken deixaba de ser exclusiva de Sony, polo que o Tekken 6 tamén chegará a Xbox 360:
Un trailer que chamou moito a atención foi o de Prince of Persia, pola súa elección musical (a canción Breath Me de Sia) e coidada estética:
Tamén con música tristona chegou o último trailer (que parece ser o definitivo) de Spider-Man: El Reino de las Sombras:
Este xogo podería ser o primeiro xogo decente de Spider-Man en moitísimo tempo, e pese a que xa leva uns cantos trailers, parece que o seu mellor vídeo promocional e no que imitan ás películas con consellos de supervivencia que se editaban en tempo de guerra nos EE.UU.:
E xa para rematar, publicar un vídeo sobre Let’s Tap, un novo xogo para Nintendo Wii que demostra que aínda se pode innovar nas interfaces de xogo:
Debe estar conectado para enviar un comentario.