Seme galego: ¡Denominación de orixe xa!

A pasada semana a prensa comentaba un informe preocupantes polo nivel de calidade do esperma entre a poboación español, que curiosamente deixaba en bo lugar aos galegos. Ver artigo...

A pasada semana a prensa comentaba un informe preocupantes polo nivel de calidade do esperma entre a poboación español, que curiosamente deixaba en bo lugar aos galegos.

Ver artigo de La Voz ▼

Na TVG tamén falaron do tema:

Seme galego: Galicia calidadeE como xa comentei antes, agora cómpre facer campaña para conseguir unha denominación de orixe para o seme galego. ¡Nin queixo de tetilla nin pementos de Padrón! O produto estrela dos galegos será a propia semente que fará máis galego ao resto do Estado 😉

Só faltaría que en vez de percorrer Galicia furgallas para a recollida de sangue se fixese agora o propio co esperma… ¡sería unha risa! Especialmente se en cada visita do autobús de recollida poñen por megafonía a canción de «Sementar, sementarei…».

Aínda que non sería algo tan alucinante como os bancos de esperma xaponeses.

Ver cómo funcionan os bancos de esperma nipóns ▼

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS