19 Setembro, 2008
Non sen tempo, a xente de Compies vén de publicar na Internet a súa videorreportaxe sobre o certame deste ano de Viñetas desde o Atlántico:
A reportaxe está moi ben, e me fixo graza recoñecer a algún que outro friki.
Tamén resulta rechamante que xusto onte foi cando me falaron do fenómeno das bonecas Pullip (ata me tiveron que deletrear o nome), que aparte de ser unha frikada absoluta, poden ser a ruína para a economía persoal de máis dunha rapaza, posto que os seus prezos rondan os 100 euros cada unha (¡calquera se anima a facer colección!).
Debe estar conectado para enviar un comentario.