19 Agosto, 2008
Os coellos tolos de Rayman empregan habitualmente os eventos deportivos internacionais para promocionar os seus xogos, e trala súa incursión no Tour de Francia e na Eurocopa de fútbol, viaxan ata Pequín para participar nos Xogos dun xeito moi orixinal:
Aínda que non se lles dean moi ben as probas de correr, co lanzamento de peso igual lles vai mellor:
Non sei se Rayman Raving Rabbids Party TV será un bo videoxogo (lembremos que serve para partir as cachas coa táboa de equilibrio da Wii), pero os anuncios son divertidos a máis non poder.
Debe estar conectado para enviar un comentario.