11 Agosto, 2008
Hoxe no programa Voces de Galicia comenteille a Paula González distintas novas tecnolóxicas, como a suba de velocidade do ADSL de 3 a 6 Mbps, a polémica do GTA IV e a aparición dalgúns trebellos frikis:
Pero quizais o asunto que de seguro que está a sorprender a máis xente nos últimos días é que Zattoo pechase o seu acceso de balde durante os meses de agosto e setembro, pois indicaría que o modelo publicitario deste servizo (que só presenta anuncios ao cambiar de canle) non sería capaz de manter o negocio, o que fai perigar esta solución para ver a televisión no ordenador, da que tantos seguidores hai en España.
Debe estar conectado para enviar un comentario.