Esta fin de semana estreouse nos EE.UU. a película The Dark Knight que en España ten o desafortunado nome de El Caballero Oscuro cando o máis propio sería que se chamase El Señor de la Noche (por motivos históricos), e a película parece chamada a facer historia.
Para comezar é a primeira vez que unha película de Batman non ten a palabra Batman no seu título, o que supón todo un paso adiante neste tipo de obras, e sorprendentemente está a acadar uns resultados económicos impresionantes:
– No seu primeiro día recadou 66,4 millóns de dólares, superando o record de recaudación anterior no día da estrea (que tiña Spider-Man 3 con 59,8 millóns de dólares) e deixou en ridículo o resultado inicial da enterior entrega, Batman Begins, que só fixo unha taquilla de 48,7 millóns de euros nos 3 primeiros días.
– Finalmente rematou a fin de semana cunha recadación inicial de 155,34 millóns de dólares, mentres que o record anterior (Spider-Man 3) estaba en 151,1. Resulta destacable especialmente porque as novas películas de Batman non son precisamente para nenos.
Iso si, ao mirar as cifras temos que ser serios, e recoñecer que case todos os anos se superan as marcas anteriores porque as entradas de cine son cada vez máis caras, e resulta que ao comparar The Dark Knight con Spider-Man 3 temos que en realidade a peli do lanzarredes vendeu 21,96 millóns de entradas na súa primeira fin de semana, superando en 0,02 millóns á nova peli de Batman (ou sexa, que están case empatadas).
Pero tampouco hai que esquecer que o presuposto da peli de Bats foi duns 150 millóns de dólares (ou sexa que se recuperaría case de súpeto) mentres que a de Spidey era de 258 millóns. Vaia, que se Batman mantén a forza podería ser un negocio moi rendible.
Iso si, resulta incomprensible que a película tarde case un mes en estrearse en España, pois non chegará ás nosas pantallas ata o 13 de agosto (¡en plena semana do cómic na Coruña!) o que podería ser moi prexudicial, xa que boa parte do atractivo da película está en certas sorpresas que nos poderían spoilear nos vindeiros días (e iso sen contar a piratería, que normalmente se dispara nos filmes que non fan estrea global). Algún incluso será capaz de ir a Portugal estes días, pois a peli se estrea alí o vindeiro xoves.
Se a película funciona a nivel mundial coma nos EE.UU., parece que se cumprirán os peores temores de Iron Man:
Para quen non o pille, o vídeo é unha parodia dos anuncios de Hello. I’m a Mac. Hello. I’m a PC, só que neste caso sería I’m a Marvel. I’m a DC, e eu admito que son máis de DC que de Marvel, aínda que no que se refire aos comics, porque no cine son poucos os personaxes de DC que puidemos ver polo momento (agardo que cambia a cousa no futuro).
Debe estar conectado para enviar un comentario.